Sofia Maul (Portugal)
Naceu na Madeira nunha familia con moitas nacionalidades. O seu acento é da illa, para onde regresou depois de vinte anos en Lisboa. Os seus contos son do mar e do illote, e do porto, e dos viaxantes que xunto a eles chegaran.

Quico (1960) é de Ribeira.
É miope e divorciado. Mas isto non sempre foi así. Na primeira década da sua vida nin soñaba con que algún día chegaría a ser. Foi criado por un setter inglés chamado Tule e influido por un violento mestre chamado Bayón.
O seu estilo para narrar baséase no respecto pola palabra dos vellos, a maneira de dicila, a fala de cada informante, o coñecemento da súa contorna física e o seu modo de vida. As súas historias, que fixieron rir, aliviaron traballos e penas, aprenderon e asustaron… preséntaas igual que como as escoitou. Ou case…
Defínese como fillo da narración oral. Naceu e criouse nunha aldea do interior de Camerún, onde a transmisión oral era a única forma de acceder a calquera tipo de información ou coñecemento. A través dos seus contos quere transmitir o espíritu de África, tan cercana e tan descoñecida.
Comentarios recentes