Medrei pegada ás saias da miña avoa Carmela, que sempre tiña un conto na boca. Aprendín desde moi cedo que hai un conto para cada ocasión. Tras acadar os estudos de Filoloxía Hispánica, funme especializando en literatura infantil e animación á lectura. Unha cousa levou a outra, e rematei formándome como bibliotecaria, profesión que desenvolvín tanto no ámbito escolar coma no municipal. Desde o 2015 son unha contadora-bibliotecaria ou bibliotecaria-contadora, dependendo do proxecto no que ande metida.

A narración oral está presente sempre e en ocasións xogo con outros elementos, buscando a sorpresa e o sorriso. Ao longo de máis dunha década na narración oral, pasei por bibliotecas, colexios, rúas, auditorios, campos da festa, campamentos, ximnasios e teatros. Como mediadora e formadora participei en distintas edicións do Salón do Libro (2018, 2020 e 2023) e tamén impartín docencia no Centro Interpretación da Oralidade de Vigo (2022, 2025 e 2026). Como contadora estiven en distintos festivais galegos como Atlántica, A Boca Chea, De Perto, NarraSarria, Sete Falares e Núbebes, e tamén en Salamanca, no festival Contando Cuentos. Os meus contos estiveron en varias edicións do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. A todo isto, tamén pertenzo á NOGA, a asociación de Narración Oral.

Pin It on Pinterest

Share This