
Discípulo de José Campanari, gusta de escoitar a quen sabe do que fala.
Tardou anos en atopar o que non sabía que andaba a buscar: un oficio que lle permita vivir do conto.
Comezou nas artes escénicas o século pasado co grupo Senlleiro. Foi cofundador de Hipócrita Teatro e anos despois decidiu embarcarse en Ítaca Teatro. Nesta viaxe vai construíndo o seu traballo como intérprete, director de escena, docente teatral e contador de historias.
Dende a súa chegada á narración oral practica a autobiografía ficcionada para público adulto, sinal de identidade do seu repertorio.