
As historias volvéronse imprescindibles na nosa vida.
Desde entón acompáñannos e medramos con elas.
Narramos porque nos gusta compartir a palabra viva.
Porque ao escoitar, un descobre relatos… e descóbrese.
Cada resposta abre unha nova pregunta. E seguimos.
Somos Nieves e Dani e somos diferentes.
Sepárannos gustos e camiños.
Únenos a risa e a narración.
Contamos xuntos.
E sen os teus oídos, as nosas historias non existirían.
Borrón y cuento nuevo é un grupo de narración oral formado por Nieves Pérez e Dani Muñoz, que contan historias xuntos desde 1997. Ao longo destes anos teñen participado en festivais, maratóns de contos e encontros de narración oral por toda España, ademais de realizar sesións en bibliotecas, colexios, museos, bares e centros culturais.
O seu traballo combina a narración tradicional con propostas contemporáneas e participativas, dirixidas tanto a público infantil coma adulto. Actuaron en espazos como o Museo Arqueológico Nacional, o Museo Reina Sofía ou o Museo de la Ciencia de Cuenca, ademais de recorrer máis de 200 bibliotecas e máis de 100 centros educativos coas súas sesións de contos.
Paralelamente desenvolven un intenso labor formativo. Desde o ano 2000 imparten obradoiros de iniciación á narración oral e programas de animación á lectura en distintos contextos educativos e culturais, mantendo tamén obradoiros estables de narración onde comparten a súa experiencia e a súa paixón pola arte de contar historias.