Nacín nun val de eterna primavera enmarcado polos Andes, membro dunha familia numerosa, con dous pais moi ocupados como para contarnos historias. Ante ese baleiro tomei a palabra e xa non a soltei; dende ese día convertinme no contista oficial da familia.
Dende 1996 actúo en teatros, centros culturais, bibliotecas, colexios, institutos, librarías, festivais de narración, hospitais, prazas… Levei as miñas historias a países como Colombia, España, Arxentina, Chile, Uruguai, Paraguai, Perú, México, Suíza, Grecia, Francia, Hungría, Austria, Noruega e Marrocos.
En España traballei con institucións como o Ministerio de Cultura, Instituto Cervantes, Casa de América, Ayuntamiento de Madrid, Museo de América, Comunidad de Madrid, Fundación Mapfre, Círculo de Bellas Artes de Madrid ou Fundación La Caixa, entre outras.