María da Pontragha é narradora oral, tocadora e cantadora do país (Bouba, Sacha na Horta, Lévedo…), e recolledora de saberes e historias.

A palabra falada e cantada nunha manchea: memoria, etnografía, música e, sobre todo emocións. Todo ben axitado e con ritmo e cheiro a terra.

Bleuenn Le Friec é unha arpista bretoa, galega de adopción. Formada en arpa celta e clásica, é con este instrumento que desenvolve hoxe a súa vida musical tanto no ámbito clásico (Real Filharmonía de Galicia, Orquestra del Gran Teatre del Liceu…) como na música de raíz galega (Zumaque, Uxía, Xoán Curiel…).

Pin It on Pinterest

Share This