Nace no 1979 e dende sempre estivo ligado aos espazos escénicos ben a través do teatro, do baile tradicional ou da música. De carácter inquieto e rebuldeiro, nunca faltará unha idea atolada na súa cabeza, unha mirada pícara e curiosa,e unha argallada agromando nos seus beizos. Decide estudar para ser mestre na cidade de Lugo pero axiña se dá conta de que prefire explorar outros campos como as artes escénicas, a educación non formal (ocio e tempo libre) ou o eido do social, rematando co tempo por conxugalo todo na súa traxectoria como narrador oral.