Chámanme Avelino González. Son contador de historias e actor.
Igual xa me miraches nas pantallas de cine e mais nas da televisión (Padre Casares, Serramoura, Cuñados…). Igual xa me miraches nos escenarios facendo teatro (Commedia, O mel non caduca, Apaga o candil…) e contando contos. Igual non me miraches nunca e es feliz igual!
A min non me contaban contos na casa, a min contáronmos xa de maior, cando ía escoitar a xente profesional que contaba, e empecei a contar contos porque me gustaba moito como mos contaba esta xente.
Gústanme as historias de soños cumpridos (ui, que perigo!), de leña
e chola, de paixón… Esa caste de historias, fantásticas, que nos poden pasar a calquera, vaia. Historias inventadas algunhas, outras collidas da tradición, outras de xente coñecida, outras…
Gústame que me conten historias que emocionan, fan rir (que é bo para os dentes), que me cambian o aire. E gústame conseguir isto cando conto.
Uf!