Nado en Cangas no ano 1981. Pallaso, bufón, improvisador e narrador oral. No 2003 funda a compañía de circo Asircópatas coa que actúa por máis de 15 países. Funda tamén a compañía Muu de circo e Diáspora escena de narración oral con teatro de obxectos. Participa como improvisador nas montaxes do CDG e en festivais internacionais. Na narración oral participou en diversos festivais, tanto de público infantil coma adulto, publicou o libro de contos Murmuraban as miñas veciñas no 2022. A súa narrativa defínese por mesturar a tradición mariñeira do Morrazo, o humor e a rebeldía.

Pin It on Pinterest

Share This