É actriz, creadora escénica e narradora oral, titulada en Arte Dramática pola ESAD de Galicia. Funda, xunto ao músico e escenógrafo Nicolás Zamorano, a compañía Xarope Tulú, dedicada ao público infantil e xuvenil. Comeza a súa andaina como narradora oral no ano 2016 e na actualidade conta con catro espectáculos en repertorio para público familiar. En decembro de 2022 estrea o seu primeiro espectáculo de narración para público adulto: Vicio houbo sempre. Atenea traballa ademais como intérprete para outras profesionais formando parte da montaxe do Centro Dramático Galego Neorretranca e posmorriña ou do espectáculo Mai Mai, da compañía Baobab Teatro. Recentemente creou o Colectivo Barriga e Muleta xunto ao bailarín Diego M. Buceta, co que vén de botar a andar o proxecto Cantade todas a eito.

Pin It on Pinterest

Share This