Naceu en Buenos Aires pero vive en Madrid desde hai máis de 20 anos. É actriz e narradora oral. Formada tamén en danza e en canto, a todo isto recorre na súa exclusiva dedicación á narración oral.
Dirixe en Madrid La Escuela de Cuentacuentos, sementeira de artistas onde xa se formaron máis de mil narradores, e é cofundadora, canda a Javier Siedlecki, de Zelwa Storytelling.

 

Co seu espectáculo Relatos eróticos levou a narración oral ao máis alto da carteleira teatral, con grande éxito de público e crítica durante oito años, sete tempadas. Ademais, colaborou en diversos programas de radio e tivo a súa propia columna dedicada aos contos en Radio Nacional de España, Punto Radio e Cadena Ser.

 

Ten contado para nenos, mozos, adultos e maiores en teatros, bibliotecas, centros culturais, hospitais, festivais e grandes eventos por toda España. Actuou e impartiu obradoiros tamén en Montevideo, Santiago de Chile e Buenos Aires.

 

As súas historias foron protagonistas de eventos para Cruz Vermella, L’Oreal, Sogecable, Médicos sen Fronteiras, Universal, Nesspresso, Fundación Orange, Twitter, Canal de Isabel II, Las Top Cien ou a Comisión Europea.

 

Imparte regularmente os cursos de narración oral de La Escuela de Cuentacuentos, tanto intensivos coma semanais, e deu obradoiros para a Comunidade de Madrid ademais de dirixir o seminario de narración oral do laboratorio de creación La Piscifactoría.

Pin It on Pinterest

Share This