@ Foto: Loewen Photographie
Naceu o 7 de agosto de 1948 en Francia, de pai español e nai francesa. Vive en París.
Narrador, autor e formador, participa desde hai 35 anos en todos os eventos e festivais de contos en Francia e países francófonos. Titular dun doutorado da Universidade Paris VIII cunha memoria sobre a narración oral e o teatro moderno.
Escribe el mesmo os seus espectáculos, mesturando colleitas de historias reais, contos adaptados e creacións persoais. Publicou varios libros e discos de contos, historias e textos teóricos sobre a oralidade.
Actualmente presenta os seus espectáculos “La leçon de francais” (sobre os malentendidos da lingua e os migrantes), “Saturne, nos histoires aléatoires” cunha cantante-violoncelista, e “Pepito Solo” (historias e contos variados). Ten en preparación “Insomnie” e unha conferencia sobre as linguas.