Contar é a miña principal ocupación desde hai vinte e cinco anos. É un oficio alegre.
No meu traballo mesturo dúas correntes: material tradicional como contos, cancións, lendas, trabalinguas e adiviñas, con material de orixe literaria como poemas e relatos adaptados á oralidade.
Vexo a literatura como algo fluído: do libro aos beizos.
Estudei Filoloxía Hispánica e Teatro. Conto en castelán e italiano. Contei contos en España, Italia, Francia, Bélxica, Portugal, Arxentina e os Estados Unidos.