É filóloga pola USC e dramaturga e guionista pola ENERC (Buenos Aires).
Contadora con funcións nas dúas beiras do Atlántico. Autora de relatos breves infantís e adultos, humorista de comedia unipersoal con varios espectáculos dende 2004. Narradora oral autora de Premios Darwin —gañadora do premio á Mellor Comedia por parte de Hipócrita Teatro— e de Tabú, actualmente en xira, entre outros espectáculos.
Guionista en Dama Negra Films (curtametraxes de ficción). Docente teatral na Asociación de Dano Cerebral da Coruña (ADACECO) ata xaneiro de 2019. Cofundadora de Tarabela Creativa xunto a Diego Gallego, dende onde crean non só formatos escénicos, se non tamén audiovisuais (miniserie web Premios Darwin, serie dixital Quéreme soar!), así como a dirección artística, guión e presentación da IX edición dos Premios Martín Codax da Música Galega.
Profesora de Arte Dramática e directora da Compañía de Teatro USC-Campus de Lugo no curso 2020/21. Autora da obra A Emperadora para a representación da compañía universitaria. Guionista e narradora do documental Acordamos, cartografía musical da Memoria Histórica de Pontevedra.
Dende 2009 imparte obradoiros de relato breve, poesía, micorrelato e narración oral. Autora da ponencia As dúas beiras do humor no marco do Curso de Primavera 2016 da Facultade de Humanidades da USC-Campus Lugo. Gañadora do Slam de Poesía Oral Zona Norte en Buenos Aires (2015). Gañadora da I edición do Slam Poetry Compostela (2018). Gañadora do Slam do II Festival Alguén que Respira (Compostela, 2019). Participante no III Torneo de Dramaturxia de Galicia (2019).