É músico, clown e narrador e leva xa 25 anos nos escenarios. Toca en proxectos como Blues do País, Sacha na Horta ou o “Concerto punkinfantil” canda o pallaso Peter Punk, con quen ten tamén o espectáculo “Peter Punk e o neno imperdible”. Tamén ten proxectos como clown en solitario.

 

Formou parte da banda de Mamá Cabra, de Sons Miúdos (Paco Nogueiras, Magín Blanco, Uxía Senlle, Xoán Curiel, Pablo Díaz…), da banda Fura Fura (Sés, Bocixa de Zenzar, Ico do Sonoro Maxín, Leo i Arremecághona!…) e colaborou con Ataque Escampe, Sofía Espiñeira. Compón bandas sonoras.

 

Como narrador forma parte da Tropa de Trapo, con María Ortiz, con quen fixo numerosas xiras e campañas escolares (Xira da Fundación Abanca, 6 xiras co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, Campaña Impórtanos de Vigo…)

Pin It on Pinterest

Share This