Nace no 1972 nun pequeno barrio de Abadín, provincia de Lugo.
Recibe os seus primeiros contos da súa tía Victorina e da súa avoa Mamá Flor. Tanto lle gustaron que fixo do escoitar un deber e do contar unha necesidade.
Agora leva as historias por todos os recunchos do país e goza enormemente debuxando e creando historias con palabras.
Encántalle contar do que lle contan, do que escoita, do que calou de nena… Algunhas son historias tinguidas de realidade, outras coa tinta caprichosa da memoria ou tecidas con fantasía.