Narradora oral e educadora con titulación en Integración Social e Educación Infantil, Vero Rilo leva participado nun feixe de proxectos fóra e dentro do país e do Estado, deseñando e impartindo obradoiros para docentes onde fai convivir as dúas disciplinas que ocupan a súa vida: a narración e a práctica educativa.

No 2013 emprende Daboapipa, co acordeonista Santi Prieto, un proxecto conxunto de narración e música para público familiar que se deu a coñecer na escena galega con Contos de Animalario. Pouco despois chega ao público adulto con Historias de vida, guerra, amor e case morte, ao que lle dará continuidade Lavandeiras.

Actualmente, centra o seu traballo en Rilo&Penadique, xunto a acordeonista Sonsoles Penadique. Divas de diván, Pallasos en rebeldía ou Apatacón con Faia Díaz, vocalista de De Vacas, son outras das compañías nas que continúa traballando.

Pin It on Pinterest

Share This