En 1991, sendo estudante de Maxisterio, empezou a traballar no grupo de monicreques La Maleta de Mariano. En 1993 debutou como narrador profesional. Desde 1999 dedícase en exclusiva ao mundo da narración, o teatro e a animación á lectura, contando contos e impartindo cursos, obradoiros e charlas.
O seu principal empeño estriba en reivindicar o poder da palabra e a mirada para facer recuperar ao público as sensacións, xa esquecidas, que nos produce escoitar historias. Pensa que isto é posible desde a sinxeleza e a proximidade que proporciona un tallón na esquina dun café ou unha biblioteca, ou desde o escenario dun teatro. Unha contorna na que o público se sente cómodo e decote se sorprende do encanto que gardan as vellas historias, os contos de sempre que agora nos resultan novos por esquecidos, pero que seguen portando unha mensaxe que nos cala.
Máis de 25 anos de contos xa. Máis de trinta festivais, centos e centos de sesións, moitos miles de oídos e moito por contar aínda.