Actriz, contacontos, fotógrafa, escritora, dramaturga, columnista… Todos eles xeitos diferentes de facer unha mesma cousa: contar historias.
Naceu na beira do río Uruguai, pero hoxe en día a súa terra é Galicia.
Namorada da súa xente, da comida e da fala, percorre o país recollendo historias e fotografando patrimonio, receitas, persoas…
Premio europeo de Narración Oral 2015, Premio do Ministerio de Educación e Cultura polo seu espectáculo “As enxeñosas do Fidalgo”, 2019.