Nacín en Cidade de México, de nai mexicana e pai español. No ano 1993, desandei o camiño do meu pai e asenteime en Barcelona. En 1994 comecei a contar contos e non parei desde aquela. Conto contos tradicionais, adaptacións de contos de autor e algunhas historias de colleita propia. Se ben non todos os contos do meu repertorio son mexicanos, todos adquiren ese carácter que, talvez, se alimenta da miña constante saudade: dun tempo, dun lugar, dunha melodía… Conto para todos os públicos.
Buscando abrir espazos para a narración en Barcelona, saquei adiante durante 21 anos, a programación do ciclo de narración para adultos “Contes i Cuentos”. Co mesmo empeño, desde o 2015, traballo na programación das tempadas de espectáculos de narración oral no proxecto Dit i Dit. Tamén programei e dirixín as seis edicións (2007 – 2012) de “Un Río de Cuentos”, Encuentro Internacional de Narradores Orales en el Pirineo.
Son socia fundadora da Associació de Narradores i Narradors ANIN.
Formei parte do consello de redacción da Revista n (órgano de difusión e reflexión da ANIN) e da revista Tantàgora. Publiquei algúns contos (colección Contes de tots Colors (Ed. Espasa) e Revista Viure en familia) e algúns artigos de reflexión sobre o feito narrativo.
Participei en diferentes festivais, ciclos e maratóns de narración oral na maioría das comunidades de España e en Portugal, Francia, Andorra, Alemaña, Arxentina, Colombia, Brasil e México.