Naceu á idade de seis anos cando rematou de ler o seu primeiro libro. Desde ese día, a súa idade foise adaptando ata facela sentir contemporánea de todo o mundo. Comezou a narrar historias o ano 94 e desde entón viaxa con elas polo mundo. O seu traballo abarca diversas áreas do fabuloso, conta tanto para rapazada como para xente adulta. Tamén imparte obradoiros de narración oral e de lectura expresiva. Leva publicados preto dunha vintena de libros e gañado algún que outro premio literario, entre eles o Premio de poesía erótica Illas Sisargas o ano 2020, o Espiral Maior de poesía o ano 2001 e o premio Manuel Murguía de narracións breves o ano 2018. Unha das súas facetas máis persoais é a de mesturar palabra e música. Encántalle explorar a dimensión fantástica de cada acto cotiá. A vida parécelle admirable, pero ás veces dóelle o mundo.

Pin It on Pinterest

Share This