Educadora, escoitadora, contadora e inventora de historias. Cunha investigación en contos da tradición oral do Brasil, pola Universidade de Lisboa – PT, hai máis de 25 anos que se dedica contar historias e vén trazando a súa traxectoria como narradora oral, cunha forte influencia da poética do deserto brasileiro.

Profesora universitaria, tamén traballa como  formadora de narradores orais. É compoñente do grupo de estudos “Costureiras de Histórias”, no Brasil; e socia de Ações & Conexões Associação Cultural, en Portugal. Autora de literatura infantil e infanto-xuvenil, tamén conta con publicacións nas áreas de narración de historias e mediación lectora.

Pin It on Pinterest

Share This