Grazas ás matemáticas, desde o ano 1998 dedícase ao teatro e, más tarde, á narración e ao clown.
Naceu en 1979, en Portugal. É Licenciada en Motricidade humana e Máster en estudos teatrais. A súa formación e experiencia móvese entre distintas disciplinas: teatro, danza, música e expresión corporal.
Como directora de escena explora universos literarios, interésase polo teatro documental e pola creación a partir de obxectos non dramáticos. Habitualmente conta historias tradicionais portuguesas e historias de autor, tanto en escolas e bibliotecas como en teatros. Como intérprete creou o monólogo de clown “Com amor, papel manteiga y marcador” en 2013 e “Ilusa Ilusión” con Dani Olmos en 2012.
É fundadora da Asociación Cultural Algures, colectivo de creación que se dedica ao traballo de creación e mediación cultural. En 2014 creou con Carlos Marques, (narrador que participou nos Sete Falares de 2017) o espectáculo “Como assim levantados do Chão” e traballou e estudou con importantes personalidades e grupos do mundo do teatro como Odin Teatret, Tadashi Endo (Butoh), o Bando e outros.
En 2018 creou “O Assalto”, unha peza de teatro físico que fala da poesía como o último movemento de resistencia e resilencia.