https://www.facebook.com/sofiamaul ​

http://sofiamaul.wixsite.com/contadora/about

Naceu na Madeira nunha familia con moitas nacionalidades. O seu acento é da illa, para onde  regresou depois de vinte anos en Lisboa. Os seus contos son do mar e do illote, e do porto, e dos viaxantes que xunto a eles chegaran.

En 2004, depois de escoitar unha sesión de contos, comezou un ciclo de formación con actores e actrices e contadores/as de historias profesionais na Biblioteca Municipal de Oeiras, que, en 2006, resultou na creación de Os Contabandistas, un grupo de cinco contadores/as de historias todos de diferentes orixes, moi activos na promoción da narración oral. Con este colectivo organiza o Festival Internacional de Contos de Lisboa que se desenvolve desde 2012.

“As minhas histórias vêm de perto e de longe, mas as que eu mais gosto de partilhar são as que vêm da pequena ilha no meio do Atlântico, para onde voltei depois de 20 anos a viver fora, para abraçar família e amigos, para contar e recolher histórias e também para plantar dragoeiros e fotografar muito”

Sofia acude aos Sete Falares 2018 coa maleta chea de historias do Atlántico, engalanadas con pingas de linguas e culturas diversas.

Pin It on Pinterest

Share This