sindicato da noite http://sindicatodanoite.com/#!/
Nuri é un dúo composto pola arpista vasca Maddi Sanz e o violinista galego Ismael Cabaleiro. Ambos proveñen de estilos moi distintos, clásico e jazz respectivamente, e atoparon un punto de encontro no folk. Xuntos decidiron iniciar un proxecto baseado na música tradicional de Euskal Herria e de Galiza, combinando arranxos de música popular con composicións orixinais de Ismael.
En decembro de 2017 publicaron a súa primeira maqueta Alalá, un EP que mestura 3 cancións populares e 3 composicións orixinais, cunha caixa elaborada de forma artesanal.
En menos de 4 meses Maddi e Ismael fabricaron e venderon arredor de 150 copias de Alalá e actuaron en Barcelona, Galiza e Euskadi.