https://www.facebook.com/gutinarrador

José Luis Gutiérrez García (Zamora 1973). “Guti” é gaiteiro, cantador, bailador e -sobre todo- contador de historias. O ter chegado ao conto como parte dun traballo máis amplo, dedicado desde hai moitos anos á etnografía, fai que as historias coas que vén a Sete Falares 2018 procuren cinguirse estritamente ao que aprendeu nos longos seráns de conversa diante da lareira en pobos de Zamora, León e Salamanca. Todos os contos e romances que emprega foron recollidos directamente de narradores tradicionais, na maior parte de anciáns e anciás do mundo rural cos que ten compartido moi bos momentos. Guti procura conservar o carácter dialectal de cada narración, ademáis da atmosfera que envolvía ao narrador/a tradicional, carente de artificios nun mundo sen tele nin radio.

Comenza o seu labor como narrador en 1990 e desde entón ten participado en numerosos festivais e encontros. Dirixe ¿Cantamos o rezamos?, en colaboración con Baychimo Teatro para a asociación etnográfica Bajo Duero. En 2015 recibíu o Premio de Interpretación Masculina na XII Edición dos Premios Moretti de Teatro por A Pelo tamén para Baychimo.
Xunto a Celso Fernández e Quico Cadaval estrea en 2015 o espectáculo Os contos de Joselín co que acudíu ao Alcántara Fest (Lisboa 2016), BAD Festival de Teatro y Danza Contemporánea de Bilbao 2016, e en Escenas do Cambio (Santiago de Compostela 2015).

Pin It on Pinterest

Share This