http://www.boniofogo.com

https://www.facebook.com/boniface.ofogonkama

Boniface Ofogo dedícase a contar contos desde 1992. Empezou como un xogo e por casualidade, cando era estudante universitario (é doutor en Filoloxía Hispánica pola Universidad Complutense de Madrid, especialidade de Literatura hispanoamericana).

Desde entón non é quen de deixar de contar historias: “Ademais dun oficio digno e cada vez máis recoñecido, contar contos para min é unha forma de buscar as miñas raíces”, afirma. Precisamente esa oralidade primaria na que se educou é o principal punto de referencia no seu traballo como narrador.

Lendas, fábulas, mitos ou contos sobre as tradicións da África Negra… conforman o seu repertorio para Sete Falares 2018, escollido coa idea de que as historias teñan algún valor didáctico ou ético, que destaquen un contraste cultural, ou que sexan tremendamente graciosas. “Ultimamente aficioneime aos contos de contido erótico, pero do erotismo africano, que non é exactamente o mesmo que o occidental…”

Pin It on Pinterest

Share This