http://narracaooral.blogspot.pt/2010/05/cristina-taquelim.html

https://www.facebook.com/cristina.taquelim

Cristina naceu en Lagos en 1964. Licenciouse en Psicoloxía Educacional e fixo o postgrao en Ciencias Documentais. É mediadora da lectura e técnica asesora da administración local na Biblioteca Municipal de Beja, onde é responsable tamén dos programas de narración oral: as Palavras Andarilhas e as Mil e Uma Noites Mil e uma Histórias. Figura de referencia no panorama nacional luso, ten ofrecido diversas conferencias en coloquios e congresos sobre mediación. Desenvolve desde 1995 unha intensa actividade como narradora, traballando con públicos de todas as idades. Nestes anos participou en encontros e festivais arredor da narración oral en Portugal, Brasil, Mozambique, San Tomé e Príncipe, Cabo Verde, España e Arxentina.

Pin It on Pinterest

Share This