https://www.facebook.com/beacampos.actriz
Licenciada en arte dramático pola ESAD de Galicia onde recibiu o premio de interpretación Marta Sieiro, conta desde moi nova cando comezou a narrar historias en Kalandraka Editora, hai máis de 10 anos. Desde entón ten realizado milleiros de actuacións e puido levar os seus contos ata o outro lado do mar, participando en eventos como Festival de Artes Escénicas del Caribe en Colombia. Actualmente forma parte da compañía Migallas Teatro cos espectáculos “Entre arrolos e contiños”, “Contos nas orellas”, “Orella Pendella” e “Contos da mesa de noite”.
Como actriz participa no espectáculo de Avento producións “Como sobrevivir a unha apocalipse Zombi”, aínda que na súa traxectoria atopamos traballos con compañías como Triatreros Grupo de Teatro, Inversa Teatro, Arela das Artes OU Matreska Teatro.
No mundo audiovisual é presentadora do programa “Por algo será” da TVG e foi copresentadora de “Na Nosa Nube”. Tamén é actriz protagonista na web serie “Dálle Jas” dirixida por José Miguel Sagüillo.