www.benitaprieto.com.br
www.facebook.com/benita.prieto
@benitaprieto
www.youtube.com/user/Benitaprieto
Graduada en Enxeñería Eléctrica pola universidade de Gama Filho e especialista en literatura Infantil e Xuvenil e Literatura, Benita Prieto é contadora de historias do Grupo Morandubetá (con máis de dúas mil representacións por todo o mundo desde 1991). É tamén actriz, escritora e produtora cultural. Ademais, é fundadora e preside o Instituto Conta Brasil e a Prieto Produções Artísticas.
Como produtora cultural creou feiras de libros, visitas guiadas a espazos culturais, espectáculos de narración de historias ou eventos arredor da literatura. Entre as iniciativas que compoñen o seu extenso e rico currículum destaca o Simpósio Internacional de Contadores de Histórias promovido pelo SESC Rio desde 2002, que foi recoñecido pola UNESCO pola preservación do patrimonio inmaterial da humanidade. O éxito deste Simpósio fixo que Benita fose convidada a participar como contadora e produtora no equipo de produción do II Festival de Contadores dos Países de Língua Portuguesa en Maputo, Mozambique (2003). O Simpósio gañou o Prêmio Culturas Populares 2007 do MINC e foi finalista rexional do Prêmio Rodrigo Melo Franco de Andrade 2008 do IPHAN. Entre 2003 e 2008 participou no programa da televisión brasileira “Sem Censura”.
En 2005 producíu o primeiro documental sobre contadores de historias realizado no Brasil. Completa a súa intensa actividade impartindo obradoiros de formación e entrenamento para empresas, e tamén como conferenciante. A narradora é coordenadora da Red Internacional de Cuentacuentos e actualmente integra o grupo de investigación en literatura infantil e xuvenil do Instituto Interdisciplinar de Leitura PUC-Rio.