É unha das máis importantes contadoras de historias que temos actualmente en Galiza, pero Paula é iso e moito máis: escritora (cunha morea de libros e numerosos premios), actriz (de teatro e televisión) e directora teatral. Estivo na primeira edición do noso Festival, e este ano será a encargada de inaugurarlo.
Paula Carballeira adícase profesionalmente ao teatro e á narración oral desde 1994. Foi convidada aos principais festivais de narración oral tanto nacionais como internacionais (Brasil, Chile, Ecuador, Perú, Colombia, Cabo Verde, Portugal…) Participou en diversos programas da TVG (“O clan dos impostores”, “Libro de familia”,“Apaga a luz”, “A noite en branco”, “Pequeno Hotel”, “O rei da comedia”, “Rías Baixas”, “Máxima Audiencia”, “Contando estrelas”, “Pepe o inglés”…) e ten colaborado en diferentes programas da Radio Galega.
Membro da compañía teatral Berrobambán desde 1996, coa que coordinou a programación infantil Asteroide B-612, que se desenvolveu na Sala Nasa de Santiago de Compostela e no Concello de Ferrol. Ademais dun traballo continuado en Berrobambán, traballa como actriz ou directora en propostas ocasionais doutras compañías. Por exemplo, dirixiu os espectáculos de Talía Teatro “Mundos contados” e “Pequena”, dirixiu e interpretou a proposta do Centro Dramático Galego para público infantil: “A cabana de Babaiagá” (estreada en marzo do 2006). Percorre os escenarios galegos con Berrobambán e co colectivo de creación A Claque,
É autora de varios títulos de literatura infantil e xuvenil, moitos deles traducidos a varios idiomas: “A percura” (Edicións do Cumio, 1990); “Robin e a Boa Xente” (EDB-Rodeira, 1993); “Troulas, andainas, solpores e unha farsa anónima” (EDB-Rodeira, 1996); “Olo-iepu-iepu” (Galaxia, 1999); “Un porco e unha vaca xa fan zoolóxico” (Xerais, 1999); “Mateo” (Kalandraka, 1999); “Paco”, Premio Lecturas 2001; “Correo Urxente” (EDB-Rodeira, 2002) Premio Lecturas 2003; “O ganso pardo” (Edelvives, 2002); “Palabras del Candil” (2013) , “A era de Lázaro” (Galaxia, 2004), “Contatrás” (Edicións Positivas, 2006), “Smara” (Kalandraka, 2006), White Raven e Premio Isaac Díaz Pardo; “O lobisome” (Planeta Oxford, 2007), “Boas Noites” (Edicións Xerais, 2007) Premio Manuel María de Literatura Dramática infantil, finalista dos premios AELGA 2008 na categoría de libro de literatura infantil e xuvenil, nominado aos premios María Casares do teatro galego como texto orixinal no ano 2008, “A casa redonda” (Baía, 2008), “O lobishome de Candeán” (Galaxia, 2009), “As outras historias” (Galaxia, 2011), “Contatrás II-I” (Edicións Positivas, 2012), “O principio” (Kalandraka, 2012), “Casas” (Tambre, 2012), “O refugallo” (Xerais, 2013) Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2011 e Finalista como mellor texto de teatro nos premios da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega no 2014, “Chímpate, Pepa!” (Triqueta Verde, 2013), “A burra Ramona” (Baía, 2013)
Ademais dos libros escolares de Lecturas: “Alicia sabe voar” e “O asubío do vento do norte” (Anaya, 2006); “A Illa das morsas” e ” A casa encantada de Vilachá” (Anaya, 2007), “Voces no sumidoiro” e “A maldición do dente de gato” (Anaya, 2008) e “Aldara na lúa” e “O barco pantasma” (Anaya, 2012).