manuel-soya


Comezou no mundo do teatro de neno, xunto a seu pai, na primeira obra do grupo Xenio da S.C. de Mourente, da que é director na actualidade.

Máis tarde participou na Aula de Teatro da Escola Universitaria de Formación do Profesorado da Universidade de Vigo en Pontevedra, colaborando nos cursos de formación e nas Mostras Galegas e Internacionais de teatro universitario.

Tras estas experiencias, Manuel continúou formándose na Escola de Psicomotricidade e Expresión de Barcelona, actividade que compaxinou cos seus estudos de Maxisterio. Logo de rematar a carreira lidera un proxecto de fomento de teatro de base, impartindo talleres e cursos en colexios, asociacións, concellos…

Funda a S.C. Os Carballiños, o grupo de teatro Expresións e organiza unha Mostra teatro de rapaces e mozos/as en Pontevedra. Esta experiencia desenvolveuse no Teatro Principal ao longo de 15 anos. A Mostra contou en cada edición cun rotundo éxito de participación, contando con máis de 200 participantes (actores, e actrices noveles) de diferentes colexios, institutos e outras institucións. Manuel compaxinou a organización e desenvolvemento desta Mostra coa colaboración con diversas editoriais en actividades de animación á lectura; contacontos, actividades creativas…

En 2004 funda a Aula de Expresión e Creatividade de Pontevedra e tamén o grupo Expresións Produccións, una compañia pontevedresa de teatro profesional na que sigue traballando.

Na actualidade dirixe varios grupos de teatro afeccionado (Aturuxo de Baion, Lúa chea de Poio, Alecrín de Ribadumia e Xenio). Tamén as aulas municipais de teatro como a da Illa de Arousa e Valga, e varios grupos tetarais de nenos e mozos como o do Instituto Valle-Inclán de Pontevedran, ademáis de impartir talleres e cursos para formación do profesorado ou institución privadas.

Pin It on Pinterest

Share This