ana-lines


www.anamarialines.com

 

Narradora oral e investigadora, Ana Lines mistura nas súas sesións contos e mitos da súa terra, con historias fornecidas na súa ampla traxectoria profisional procedentes de todo o mundo.

Ana Lines naceu en São Paulo (Brasil) mais a súa orixe familiar é africana, brasileira e portuguesa. Pasou parte da súa infancia na zona rural de São Paulo, nunha contorna multicultural no que vivían inmigrantes chinos e xaponeses. Esta etapa innfluenciou definitivamente a súa actitude vital e as decisións profesionais posteriores.

Ana estudou comunicación social, xornalismo e marketing. Como xornalista tivo oportunidade de aproveitar as sinerxias e o intercambio de historias persoais e tradicionais nos lugares que visitou. Ademais, durante o seu traballo como entrenadora de equipos en diversas empresas de Sao Paulo empregou técnicas de narración de contos para mellorar a motivación, creatividade, memoria e as relacións entre os traballadores. Traballou durante 8 anos para as escolas en São Paulo con alumnos de 2 a 17 anos de idade. Desenvolveu proxectos de educación así coma outros relacionados co medio ambiente, a saúde e a historia.

A narración de contos é unha das máis antigas formas de comunicación e supervivencia cultural das persoas. Ao longo destes anos, Ana ten realizado numerosos proxectos de investigación dos mitos e lendas brasileiros e a relación do mito co mundo.

Ana Lines é presidenta dun colectivo de narradores e narradoras de Staffordshire. Mensualmente levan adiante un club de narración.

Pin It on Pinterest

Share This