Manuel Solla (Galiza)

Manuel Solla (Galiza)

Profesor, director, e actor de teatro, membro fundador da compañía pontevedresa Expresións Produccións. Manuel é tamén dinamizador de actividades creativas, contacontos e coach.

Ana Lines (Brasil)

Ana Lines (Brasil)

Narradora oral e investigadora, Ana Lines mistura nas súas sesións contos e mitos da súa terra, con historias fornecidas na súa ampla traxectoria profisional procedentes de todo o mundo.

Wayqui (Perú)

Wayqui (Perú)

Narrador oral e investigador. “Narro cuentos antiguos con sabor de presente, mitos y leyendas que atravesaron el tiempo así como textos de algunos autores, historias que esconden riquezas que muchas veces desconozco y solo se descubren en el interior de quienes escuchan.”

Ana Lage (Portugal)

Ana Lage (Portugal)

Narradora oral e escultora de palabras, así é como lle gusta definirse a Ana Lage, a representante de Portugal nesta edición dos Sete Falares.

Pep Bruno (Guadalaxara)

Pep Bruno (Guadalaxara)

Cunha ampla traxectoria no mundo na narración oral (comezou en 1994) Pep é tamén escritor e editor, ademais dun auténtico apaixonado dos libros e a lectura.

Paula Carballeira (Galiza)

Paula Carballeira (Galiza)

É unha das máis importantes contadoras de historias que temos actualmente en Galiza, pero Paula é iso e moito máis: escritora (cunha morea de libros e numerosos premios), actriz (de teatro e televisión) e directora teatral. Estivo na primeira edición do noso Festival, e este ano será a encargada de inaugurarlo.

Pin It on Pinterest