Cándido Pazó é un asiduo das programacións de narración oral: historias, contos, humor, monólogos… Presente en numerosos eventos e festivais internacionais de oralidade de España, Portugal, Polonia, Alemaña, Bélxica, Croacia, Suíza, São Tomé e Príncipe, Guiné-Bissau, Colombia, Venezuela, Uruguai, Chile, Cuba, Brasil e Arxentina. Seleccionado polo Fórum Barcelona 2004 para facer temporada no seu espazo dedicado á oralidade.

Do 2000 ao 2008 foi profesor de narración oral na Escola Superior de Música e Artes do Espetáculo do Porto e imparte con asiduidade seminarios e cursos sobre a materia en distintas universidades e outros ámbitos de formación.

É autor da maior parte das súas historias (inda que tamén as recolle da tradición e da literatura) e ten querencia polo chamado conto tabernario ou de tertulia: enfiados de anécdotas, sucesos e personaxes dos que demostran que a realidade supera á ficción.

Actor, narrador oral, autor teatral, guionista de series televisivas e director de escena con nume-rosos espectáculos estreados e premiados nos apartados de autoría, adaptación ou dirección, en-tre os que destacan: O Melro Branco (Premio Xeración Nós de Teatro Infantil 1989) Commedia, un xoguete para Goldoni (Premio Compostela 93 e Premio de la Crítica del País Valenciano 94), Nano (Premio María Casares 99 á Mellor Dirección e á Mellor Adaptación), O bululú do linier (Premio María Casares 2000 ao Mellor Texto Orixinal), Ñiqui-Ñaque (Premio Max 2002 ao Me-llor Texto en Galego), Bicos con Lingua (Premio María Casares 2004 ao Mellor Texto Orixinal), García (Premio María Casares 2005 ao Mellor Texto Orixinal), A Piragua (Premio María Casa-res 2008 ao Mellor Texto Orixinal), Emigrados (Premio Max 2008 ao Mellor Texto en Galego), Memorias dun neno labrego, (con case 200 funcións é un dos espectáculos máis representados do teatro galego), As do peixe (Premio do Público da Mostra Internacional de Ribadavia 2013 e Premio María Casares 2014 ao Mellor Texto Orixinal), A casa do avó (Premio María Casares 2015 ao Mellor Espectáculo Infantil), O tolleito de Inihsmaan (Premio María Casares 2017 á Me-llor Adaptación) ou A galiña azul (Premio al Mejor Espectáculo de Títeres FETEN de Gijón 2018)

  • Xogral de Outono do Festival Internacional Outono de Teatro 2009
  • Premio de Honra da Mostra de Teatro Internacional de Rivadavia 2014
  • Premio Xiria ao Labor Teatral da M.I.T.C.F. de Cangas 2017
  • Premio da Cultura Galega nas Artes Escénicas 2014

Pin It on Pinterest

Share This