YOSHI1


www.facebook.com/hioki.yoshihira

Yoshi Hioki é oriundo de Hirakata na prefectura de Osaka (Xapón) aínda que na actualidade reside en Barcelona, onde vive desde 1991. Pintor e narrador, desenvolve tamén diversas actividades como conferenciante e docente en eventos culturais para o Museo Etnolóxico e a Casa Asia de Barcelona. Desde 1999 dedícase profesionalmente a contar contos, mitos, lendas e relatos literarios, principalmente do seu país.

Yoshi afirma que sinte como complementarios o seu quefacer como narrador e pintor: “Neve, choiva e unha flor de camelia… Vexo nitidamente os paisaxes destas historias e pintoas… coas palabras e o silencio. E nacen entre o público e eu unha pintura irrepetible que reflicte a ledicia e a tristura da vida mesma… para logo desaparecer…”

Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Barcelona e titulado no Curso de Aptitud Pedagógica na Universidade Politécnica de Cataluña, é membro da Associació de Narradores i Narradors (ANIN). Ten participado en numerosos festivais de narración oral de toda a península, Europa e América contando historias para todos os públicos.

O seus autores favoritos son Michael Ende e Ryunosuke Akutagawa.

Pin It on Pinterest

Share This