479809_10151081440495622_1832196399_n


www.facebook.com/joxemari.carrere
www.carrere-narrador.blogspot.com.es

Con dezaseis anos comeza o seu labor de actor nun grupo aficionado. Máis tarde estuda arte dramático na escola Antzerti do Goberno Vasco. A partir deste momento traballa como actor en distintos grupos profesionais de Euskadi, imparte cursos de teatro e realiza estudos musicais no conservatorio de Errenteria.

No ano 1993 introdúcese no mundo da narración oral. Presenta o espectáculo de contos para adultos “Behin munduan…”(Unha vez no mundo…), en colaboración co cantautor Mikel Markez e a intérprete de trikitixa, Alaitz Telletxea. Dous anos máis tarde presenta “Mingain Haragia” (Carne de lingua), contos populares arredora da muller. No 1997 estrea “Kondoi bakoitzak bere istorioa dauka” (Cada condón ten a súa historia), espectáculo que xorde en colaboración co comité anti-SIDA. En 1998 participa contando contos no espectáculo “Igurtzi nazazu, berriro, laztana” (Frótame de novo cariño), montaxe de poemas, cancións e contos en relación co erotismo, conxuntamente co poeta Asier Serrano e o cantautor Mikel Markez. En 2000 estrea no Festival de Narración del Maratón de Cuentos de Guadalajara o seu último espectáculo de contos: “Vivir del cuento, una buena opción”. Un ano máis tarde presenta en Barcelona “Todo lo que tiene nombre existe”, baseado en contos tradicionais vascos. En 2003 estrea a versión en euskara do monólogo teatral “O incorruptível” do dramaturgo portugués Helder Costa, no que reflexiona desde un ton irónico sobre os actuais políticos profesionais e as súas motivacións para ser “alguén”.

Entre tanto fai algunha aparición na televisión pública vasca como actor. A súa primeira proposta narrativa infantil é “Los peores cuentos del mundo”, presentada en 2008. Xunto a ela, outra para adultos: “El viajante de cuentos” (2009), onde plantexa, a través da narración oral a cuestión das viaxes, e o que iso nos aporta. En 2010 estrea “El Árbol del Amor. Cuentos pre-eróticos”, unha reflexión sobre o erotismo e as relacións sexuais desde a óptica das narracións orais tradicionais de distintas partes do mundo.

Pin It on Pinterest

Share This