Charo Pita


www.facebook.com/charo.pita.7

Charo naceu á idade de seis anos cando rematou de ler a seu primeiro libro. Desde ese día a súa idade foise adaptando ata facela sentir contemporánea de todo o mundo. Resulta difícil dicir algo sobre ela agás que sempre está a medio camiño: nin adulta nin nena, nin gorda nin fraca, nin india nin vaqueira, nin de aquí nin de acolá, unha salvaxe apracible, entre a voaxa da viaxe e a modorra dunha butaca vella.

Conta historias para xente de cero a noventa e nove anos coas orellas grandes. Tamén as escribe e imparte obradoiros de formación a narradores. Publicou libros nas editoriais Galaxia, OQO, Kalandraka, Espiral Maior, La fragatina, Palabras del Candil…

Como narradora oral abarca diversas áreas do fabuloso. Traballou durante dez anos co magnífico contador británico Tim Bowley, relatando a dúas voces historias procedentes de todas as partes do mundo. E ten diversos montaxes de contos con música nas que colaborou con músicos como Francisco Luengo, Manuel Vilas, Clara Pino, Florian Vlashi…

Pin It on Pinterest

Share This