PepBruno_MjP


www.pepbruno.com

facebook.com/pep.bruno
@pep_bruno

Cunha ampla traxectoria no mundo na narración oral (comezou en 1994) Pep é tamén escritor e editor, ademais dun auténtico apaixonado dos libros e a lectura.

Como narrador oral ten contado contos en teatros, cafés, bibliotecas, escolas, universidades, parques, centros culturais de toda España e por países de Europa (Portugal, Bélxica, Suiza, Francia), África (Guinea Ecuatorial, Túnez) e América (México, Panamá, Costa Rica, Paraguai, Bolivia, Perú e Chile).

A cercanía entre a narración oral e a animación á lectura, a súa paixón polos libros e a lectura, así como o seu interese pola formación, levárono a impartir centos de cursos, conferencias, obradoiros, charlas, comunicacións… por toda España (e por outros países) e a reflexionar sobre estas cuestións escribindo numerosos artigos e blogs.

Tamén é escritor, ten publicados 18 libros de contos para público diverso e dous deles foron merecedores de cadanseu premios internacionais.

Igualmente é editor, membro fundador da editorial Palabras del Candil, especializada en libros e contos de narradores orais.

Pin It on Pinterest

Share This