www.facebook.com/pavis.pavos.5

Son os organizadores dos Sete Falares e grupo de referencia no eido da narración oral galega desde hai máis de dúas décadas. Os Pavís Pavós son Xacobe Rodríguez e Tareixa Alonso.

Formouse en Pontevedra en 1996 como grupo de contacontos para público infantil e traballa principalmente en Galicia con contos en galego. Entre as súas actividades inclúense a recuperación de cantos, historias, adiviñas, refráns, fraseoloxía e xogos propios da nosa tradición. Nos seus espectáculos empregan tamén contos de nova creación e formatos contemporáneos.

Pin It on Pinterest

Share This