ana-lage


 

Narradora oral e escultora de palabras, así é como lle gusta definirse a Ana Lage, a representante de Portugal nesta edición dos Sete Falares.

Nada en 1966, córrelle o Miño polas veas. Iniciou a súa carreira profesional como artista plástica e ilustradora de interiores. En 2005 comeza a actividade profisional como narradora oral tendo compartido escenario con contadores como Tim Bowley, Pep Durán, Estrella Ortiz, Ana García Castellano, Pep Bruno, Rodolfo Castro, Michael Harvey, Bonniface O’Fogo, Cristina Taquelim, Mafalda Milhões, Dora Batalim, Cristina Paiva ouMaria do Céu Guerra entre moitos outros.

Ana Lage é máster en Livro Infantil pola Universidade Católica de Lisboa. Participou en festivais de narración como Palavras Andarilhas, História Estória, Ondas de Contos, Festival Internacional Histórias de Ida e Volta, Festival Contando Cuentos (Salamanca) Festival Atlántica (Santiago de Compostela) entre outros. Conta con regularidade es espazos diversos como bibliotecas, escolas, hospitais ou prisións.

Desenvolve actualmente o proxecto de súa autoría “Enredos, Enredilhos e Outros Sarilhos…” que establece relacións entre os lectores e a leitura empregando as redes sociais como plataforma virtual de contacto. Este proxecto contou co apoio da Fundação Calouste Gulbenkian articúlase na rede de bibliotecas públicas.

Promove obradoiros de artes plásticas para xente nova en situación de risco en colaboración con ONG de caracter social, que cruza a oralidade coa expresión visual e plástica.

Desde que se iniciou na narración oral, ilustra o interior de quen a escoita con palabras esculpidas polo tempo. É no texto tradicional que encontra a sua casa, misturándoo de cando en vez co texto de autor. Nesa casa que é o seu repertorio, acolle a todos os públicos.

Pin It on Pinterest

Share This